Lunes, 30 Septiembre 2019 09:32

Piñeiro sube ao podium: A crónica do DH Molinos' 19

Escrito por  Piñeiro
Valora este artículo
(2 votos)

Na fin de semana do 21 e 22 de setembro celebrouse nos montes do Páramo a carreira da casa, Molinos e eu como bon DHG non ma quería perder.

O plan para o fin de semana era basicamente voltar dunha peza, tanto eu como a bici, xa que é por todos sabido que a miña habilidade pa romper cousas supera con creces a miña habilidade na bici.

O sábado arredor das 3 da tarde acerqueime ata o paddock, este ano situado na zona de meta, saquei a Banshee do coche, monteina e salin para os remontes donde me atopei con Nuty, gran quesero, mellor persona, e empezamos a entrenar xuntos.

  Piñeiro 1

 

            Tras un par de baixadas, atopeime comodísimo no circuito, con un ritmo bon e facendo saltos que noutras ocasións non fixera, motivadísimo e confiado, pobre diablo...

A partir de aquí todo empezou a decaer, un pinchazo fixome perder moito tempo xa que tiven que ir o paddock, meter mechas, botar líquido, dar aire de novo, etc. Cheguei arriba e o circuito estaba bastante embarrado e cambiado tras o paso dos corredores, na zona final de pedras a linea que levaba utilizando nas últimas baixadas nin existía xa. Ca chuvia molestando, o circuito algo resvaladizo decidín poñer punto final aos entrenos e baixei ata sarria pa tomar unha merecida cervexa.

 

Piñeiro 0

 

O día seguinte madrugamos e as 8:30 am recollemos os dorsais e dispoñemonos a facer as derradeiras baixadas de entrenamento. Eu concretamente soamente fixen dúas intentando non cansar as mans para as mangas finais e estar o mais fresco posible.

Chegada a hora das mangas tocabame saír dos primeiros, a categoría enduro, danme a saída e fago unha baixada sen erros pero sen apretar nin arriscar, hai que gardar balas que falta fan, o circuíto é largo e cunha bici de enduro fatiga máis da conta.

 

Piñeiro 2

 

No momento da verdade, na segunda manga, nada mais saír saíuseme unha cala, a cal tardei en correxir, polo demais fixen unha boa baixada, intentando que a bici correra, bombeando e tratando de debuxar o máximo posible, e en canto a pista o permitía.... pedaleaba como Indurain.

 

Piñeiro 3

 

Todo iba perfecto ata que tiven que adiantar a un corredor, a verdade eque o fixo o mellor posible e rápidamente apartou, pero sempre perdes algo de tempo nesas peripecias. Seguin facendo unha boa baixada ata que no final, a dez metros da meta, na alternativa do cortado de meta, algo me tocou na roda, unha pedra, unha raíz ou "David el Gnomo" cunha vara e salín de orellas caendo no fondo do terraplen, ahí perdín moitisimo tempo, pero subin pola bici e rematei a carreira.

Cheguei a meta,entregolle o chip a Melenas,e xusto o que me temía... non queda cervexa... Desholado vou o parking cambiarme e volvo a zona de meta ver que tal lles foi o resto de DHGs, Mou, Nuty e Michel e a sorpresa ca que me atopei foi que na categoría enduro houbo tal carnicería que quedei terceiro.

 

Piñeiro podium

 

Houbérame gustado máis conseguir un podio cunha baixada limpia, pero as carreiras son así e hai que chegar abaixo. Noraboa a Mou por o baixadón que fixo, que grande é o tipo, e sobretodo noraboa a Nuty por gañarme na nosa porra personal, déboche unha cena.

 

Visto 261 veces Modificado por última vez en Lunes, 30 Septiembre 2019 10:25

Deja un comentario


Anti-spam: complete the taskJoomla CAPTCHA