FUMERECORDS SHOWCASE

 

Fume Records é un subselo de Arume Records que nos traer artistas do panorama estatal e internacional orientados á black music. Acolle distintos estilos, desde o rap á electrónica, pasando polo nu soul ou o jazz. No showcase que presentarán no Esmorgadirt contaremos coa presenza de tres artistas do selo.

K.A.O.S. é un Mc que reflicte con sinceridade a realidade na que vive a través dos seus versos. A súa música atópase en constante evolución, sumando o mellor do rap clásico con toques electro.

Klandestino a.k.a. Sir Lamar é un veterano rapeiro con tres lustros de traxectoria ás súas costas. Presentará o seu traballo “Omertà”, o seu disco máis íntimo e intenso.

Marvin L porá a nota máis experimental a través da súa lírica, na que conflúen estilos diferentes.

 

facebook-logo

THE SHAKERS!

 

The Shakers! es un cuarteto de Funk/Soul integrado por la cantante Sarriana Noe González, lo batiría Paulo Silva (Brasil) el teclista de Liverpool ( UK) Luke Jennings y el bajista de Lugo Antón “ Torroncho” Fernández.

Un éxito asegurado formado gracias la una peculiar manera de entender los temas, cuidando mucho un repertorio que alterna el Funk más tradicional con éxitos contemporáneos, siempre con un tratamiento especial al sonido y las voces. Mucho cariño y experiencia reinventando riffs y acrodes mil veces tocados. En este Esmorgadirt nos espera un directo contundente y divertivo en el que disfrutaremos danzando como nunca.

 

 

facebook-logo

SOLAR CORONA

 

Solar Corona, o power trio integrado por Rodrigo Carvalho (guitarra / sintetizadores), José Roberto Gomes (bajo) e Peter Carvalho (batería) está totalmente comprometido a arrancar a tua conciencia e levarte a unha odisa rampante a través de paisaxes distorsionados e ritmos constantes. Veñen dende Portugal aportando internacionalidade, dispostos a botarlle máis lume as hogueiras de San Xoan e facernos disfrutar de ritmos psycodélicos. 

bandcamp

MØURΔ

 

MØURΔ, (do precelta: marwo "morto", do grego: moira "destino", do celta: mori "mar", mori-morwen "serea", mahra "espírito")

A MØURΔ é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas,  a MØURΔ é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.

A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a MØURΔ peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música. 

Esmorgadirt  será un reecontro perfecto nunha Vila que sabe moito de conxuros mitolóxicos. 

 bandcamp

CUCHILLO DE FUEGO

 

Cuchillo de Fuego disparan á túa cabeza un hardcore punk desgarrado sobre o que destaca unha voz histérica que se pasea entre o      recitado e a excitación cuspindo unhas letras en castelán cargadas de ironía e humor absurdo que fan deles unha banda única no xénero.

Sen dúbida unha banda necesaria para entender o que está a suceder na escena subterránea do noso país, a que é por vocación,  independente. Despois da sacudida que supuxo "Triple España", escoitar a compulsiva de Megavedra non só é necesario, senón que  debería ser obrigatorio,  poderas facelo totalmente de balde este 23 de xuño en Sarria.

 

 

bandcamp

ACID MESS

 

 

Acid Mess, a banda asturiana formada en 2010 inluenciados por grupos como Pink Floyd pero con pasajes próximos o heavy psych.  Veñen de participar en festivales como o Resurrection Fest ou o Sonic Blast.  En 2013 lanzaron o seu primeiro LP "Creedless" que os situou rápidamente no mapa nacional. Xa en 2014 editaron o single 7" "Madre Muerte" e en 2015 lanzan o largo titulado "II"

Esperamos ansiosos a visita dos asturianos nunha xornada que nos trasladará de novo os psicodélicos 70 noutro escenanario que será o Esmorgadirt.

bandcamp