Cuchillo de Fuego disparan á túa cabeza un hardcore punk desgarrado sobre o que destaca unha voz histérica que se pasea entre o      recitado e a excitación cuspindo unhas letras en castelán cargadas de ironía e humor absurdo que fan deles unha banda única no xénero.

Sen dúbida unha banda necesaria para entender o que está a suceder na escena subterránea do noso país, a que é por vocación,  independente. Despois da sacudida que supuxo "Triple España", escoitar a compulsiva de Megavedra non só é necesario, senón que  debería ser obrigatorio,  poderas facelo totalmente de balde este 23 de xuño en Sarria.

 

 

bandcamp