MØURΔ, (do precelta: marwo "morto", do grego: moira "destino", do celta: mori "mar", mori-morwen "serea", mahra "espírito")

A MØURΔ é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas,  a MØURΔ é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.

A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a MØURΔ peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música. 

Esmorgadirt  será un reecontro perfecto nunha Vila que sabe moito de conxuros mitolóxicos. 

 bandcamp