Fume Records é un subselo de Arume Records que nos traer artistas do panorama estatal e internacional orientados á black music. Acolle distintos estilos, desde o rap á electrónica, pasando polo nu soul ou o jazz. No showcase que presentarán no Esmorgadirt contaremos coa presenza de tres artistas do selo.

K.A.O.S. é un Mc que reflicte con sinceridade a realidade na que vive a través dos seus versos. A súa música atópase en constante evolución, sumando o mellor do rap clásico con toques electro.

Klandestino a.k.a. Sir Lamar é un veterano rapeiro con tres lustros de traxectoria ás súas costas. Presentará o seu traballo “Omertà”, o seu disco máis íntimo e intenso.

Marvin L porá a nota máis experimental a través da súa lírica, na que conflúen estilos diferentes.

 

facebook-logo